Somos unha empresa fincada en Pontevedra que tamén traballa co resto do mundo a través de Internet. Realizamos traducións, revisións de textos, redacción de contidos e edición de páxinas web. Esmerámonos en proporcionarlle un servizo de gran calidade para maximizar o seu investimento.
Os servizos lingüísticos que ofrecemos comprenden varias linguas e áreas temáticas. Traballamos con diversas ferramentas e formatos para adaptarnos ás súas necesidades.
Tamén podemos organizar a presenza de Internet da súa empresa, marca, organización, idea, etc. Traballamos procurando respetar os estándares e recomendacións do W3C e construímos sitios web usables e accesibles que ven ben en todos os navegadores. Ofrecemos paquetes preconfigurados que poden adaptarse facilmente ó seu proxecto.
Podemos atenderlle por teléfono ou por correo electrónico. Somos responsables e de trato fácil.
As súas ideas son o noso compromiso.
