ES-ROSomos Cristina e Ciprian, e xuntos formamos Traduxnet C.B. (NIF intracomunitario ESE36585809), un equipo de dúas persoas con sé en Pontevedra (Galicia, España).

As nosas linguas maternas son o castelán, o romanés e o galego, e traducimos do inglés, francés e portugués ós nosos idiomas. Ámbolos dous temos experiencia como tradutores para a Comisión Europea e para empresas importantes.

PHPCristina tamén posúe experiencia na construción de páxinas web, e seguiu varios cursos sobre estándares da web, usabilidade e accesibilidade.

Poden consultar o noso perfil en Proz.com (en inglés). Os nosos currícula vitarum están dispoñibles a petición de quen o solicite.

Grazas polo seu interese nos nosos servizos.

Leave a Reply